Construíndo unha impresora 3D con GALPon
En preparación |
Páx de ref. http://cienciaycacharreo.blogspot.com.es/
Contenido
Propósito
Sendo a nosa intención artellar unha serie de obradoiros para a construción de máquinas robóticas Libres, creemos que o primeiro paso é a construción dunha impresora 3D, o que permítenos:
- Adquirir os coñecementos básicos sobre:
- Lectura de planos/deseños
- Movemento/desprazamento
- Electrónica básica
- Programación dos scripts
- Poder deseñar e construír as nosas pezas a fin de non depender dos «caprichos» da oferta comercial.
Lista de compoñentes necesarios
Estes son os compoñentes que forman parte do conxunto (kit) que pode fornecer GALPon
Imaxe | Descrición | Cantidade |
---|---|---|
FOTO | Marco en madeira (xa montado) tipo DM 19mm | 1 |
FOTO | Base de cama quente en madeira tipo DM 10mm | 1 |
FOTO | Varilla lisa 10mm x 400mm | 4 |
FOTO | Varilla roscada m8 x 400mm | 4 |
FOTO | Varilla roscada m8 x 300mm | 4 |
FOTO | Motores paso a paso Nema17 | 4 |
FOTO | Rodamentos radiais 608 zz blindados | 5 |
FOTO | Rodamentos radiais 626 zz blindados | 2 |
FOTO | Rodamentos lineais LM8UU | 10 |
FOTO | Fusor (HotEnd) FaryNozzle | 1 |
FOTO | Cama quente (HotBed) | 1 |
FOTO | Fonte de alimentación ATX adaptada | 1 |
FOTO | Ventilador 5v (micro) | 1 |
Prezo do conxunto posto a venta por GALPon
Este conxunto inclúe todos os compoñentes da lista anterior.
Concepto | Importe |
---|---|
Prezo neto | XXX,XX € |
I.V.E. | XX,XX € |
Total | XXX,XX € |
Forma de pedido
A dinámica para facer un pedido é a seguinte:
- Facer un ingreso/transferencia bancaria do «importe a conta», a modo de sinal de compromiso, polo 33% do importe total.
- Enviar un correo facendo o pedido e indicando os datos de facturación.
Datas límite
Para o pedido
Os pedidos deberán estaren formalizados antes do día 17 de agosto, xa que precisamos dun mínimo de 30 días para facer os pedidos e agardar a súa entrega.
Para a entrega
Os conxuntos entregaranse o mesmo día do obradoiro, o 28 de setembro, no lugar do obradoiro. Quen non vaia asistir a este obradoiro poderá recollelo a partires do luns seguinte (29 de setembro) na rúa Uruguai nº 8, 5º, of 8 en Vigo (CP 36201) entre as 9:30 e as 19:30.
Ingreso ou transferencia bancaria
- Importe: XXX,XX €
- Concepto: Sinal de pedido de impresora 3D
- Titular: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
- IBAN: ES84 1491 0001 22 2031331222
- Formato electrónico: ES8414910001222031331222
- BIC/SWIFT: TRIOESMMXXX
Datos do correo
- Conta destino xornadas [en] galpon [punto] org
- No asunto indicar Pedido impresora 3D
Cos seguintes datos
- Nome completo da persoa/entidade a nome de quen figurará a factura
- Domicilio fiscal da persoa/entidade a nome de quen figurará a factura
- NIF da persoa/entidade a nome de quen figurará a factura
- Anexar unha imaxe PDF ou PNG do ingreso/transferencia bancaria
O Importe restante cobrarase, en efectivo, no momento da entrega do pedido, momento no que entregaremos a factura oficial cos nosos datos fiscais e asinada polo noso Tesoureiro.
Tras comprobar o ingreso e previa solicitude, de seren o titular unha entidade ou empresa, pode facerse entrega dunha factura pro-forma.