Cambiar, en Firefox, o buscador predeterminado a DuckDuckGo (SSL)

De GALPon WiKi
Saltar a: navegación, buscar

Instalar o complemento (plug-in) de DuckDuckGo (SSL)

Dirixímonos á caixa de buscas e despregamos os «motores de busca»

  1. Embaixo de todo, veremos a opción «Xestionar os buscadores», prememos nesa entrada do menú e ábrenos unha xanela.
  2. Nesta xanela debemos fixarnos que na parte inferior esquerda ten unha ligazón «Obter máis buscadores...», que nos leva á páxina https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/search-tools/ na que na súa caixa de buscas teremos que escribir «duckduckgo»
  3. apareceranos un desagregábel no que escolleremos o «DuckDuckGo SSL Search Engine (HTTPS)» que xa nos leva á https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/duck-duck-go-ssl-search-plugin/?src=ss,
  4. onde simplemente premeremos no botón « + Add To Firefox »

A instalación é como a de calquera outro engadido ou complemento.

Declaralo como predeterminado

Unha vez que xa temos o motor de buscas DuckDuckGo (SSL) seleccionámolo.

Agora ven o máis delicado, facédeo con tino xa que senón poderemos provocar unha desfeita.

  1. Na barra de enderezos URL escribimos: about:config
  2. Veremos unha mensaxe advertíndonos do risco.
  3. No filtro (arriba, a carón dos marcadores) escribimos: browser.search
  4. Prememos dúas veces na entrada browser.search.defaultenginename co que abrenos unha caixa de diálogo
  5. nesta caixa de diálogo cambiamos o contido por: DuckDuckGo (SSL)
  6. asegurámonos de que na entrada browser.search.selectedEngine tamén figura como valor DuckDuckGo (SSL) de non ser así, volvemos ao principio deste apartado para seleccionar o motor de buscas DuckDuckGo (SSL)

Declaralo como «o buscador» para entradas na barra de URL

Cando escribimos algunha(s) palabra(s) na barra de enderezos sen ningunha barra «/» o navegador xa interpreta que queremos facer unha busca, para que esta busca sexa feita con DuckDuckGo (SSL), faremos o seguinte:

  1. Sen pechar a xanela de about:config escribimos no filtro: keyword
  2. Prememos dúas veces na entrada keyword.URL co que, ao igual que antes, abrenos unha caixa de diálogo
  3. na que substituímos o contido por: https://duckduckgo.com/?q=

Despois de reiniciar, todas as buscas (se non escollemos previamente outro motor) xa se farán con DuckDuckGo (SSL)

Axustes do motor de buscas

Parámetros que se poden configurar

Axuste de rexión para Galicia (gl-es)

Na caixa de keyword.URL' escribimos https://duckduckgo.com/?q=search&kl=gl-es