Accións para potenciar unha sociedade do coñecemento na Galiza
Accións para potenciar unha sociedade do coñecemento na Galiza
- O goberno debe facer unha aposta clara e decidida polos aplicativos e formatos abertos e libres. Non basta con boas intencións deixando a entender que se vai migrar todo a un sistema libre ideal. O que pedimos é que se especifique claramente o período de tempo en que se espera ter a maioría dos sistemas funcionando con aplicativos e formatos libres. Por exemplo, algo coma «nesta lexislatura teremos o 40%, en 6 anos o 80 %, e na seguinte lexislatura estaremos por riba do 90%».
Todo desenvolvemento de software feito para a administración debe ser licitado baixo unhas condicións nas que a Administración e o resto dos galegos poidan copiar, usar, modificar, distribuir libremente estos programas (básicamente as liberdades que se entenden debe ter o Software Libre). Ademais nos aplicativos que se merquen, estas cualidades deben ser valoradas sempre. Un exemplo a seguir é a seguinte Orde da Junta de Andalucía para facer público todo o código dos programas mercados pola Administración
Repositorio co Software da Junta de Andalucía
E importante evitar casos nos que a administración pública paga varias veces polo desenvolvemento do mesmo producto un exemplo desta situación pode ser o proxecto Platega que ten o mesmo propósito final que a AulaCesga desprazando a este que é Soft. Libre.
Unha iniciativa deste tipo suporía un pequeno gasto ó comezo, pero a longo prazo sería un gran aforro. E se ademais se chega a algún acordo de colaboración co resto das autonomías que sigan o modelo, isto suporía un avance moi importante.
- Chegar a acordos de colaboración con outras comunidades autónomas que xa estén traballando en proxectos de software libre como distros para educación, para a administración, repositorios de programas libres, etc...
Lista dalgunhas Comunidades/Proxectos de interese.
- Extremadura - GNULinex
- Andalucía - GuadaLinex
- Castilla la Mancha - [[ http://www.molinux.info%7CMolinux]
- Madrid - Max
- Valencia - Lliurex
Ditos acordos permitirían aunar esforzos e compartir gastos de mantemento de servidores, ditos acordos poderían permitir que en troques de ter que facer unha distro dende cero ou realizar o mantemento da distro completa poderíasen reutilizar o sistema base e que se realizasen os traballos entre tódalas comunidades coas que se chegase a un acordo distribuindo o traballo e que cada comunidade se encargase da localización ( traducción do sistema base e aplicacións básicas, persoalización do escritorio, etc... ) puidéndose incluso apoiar o sistema base nunha distro xeneralista coma puidesen ser Ubuntu, Suse, Red Hat-Fedora ou Debian entre outras.
- Aínda que valoramos positivamente as últimas accións do goberno neste eido é necesario recalcar a falla das ferramentas lingüísticas libres básicas de calidade, como poden ser un "corrector ortográfico e gramatical" e un "tesauro" na normativa oficial do galego, que se poidan utilizar nunha suite ofimática libre e multiplataforma como a [OpenOffice http://es.openoffice.org/]. Tamén sería moi útil que estas ferramentas, ademais de ser licenciadas como software libre, sexan o suficientemente flexibles para poder ser adaptadas facilmente para ser utilizada en calquera outro aplicativo.
- Invertir máis na formación do persoal docente nestas tecnoloxías: A Comunidade de Valencia ven de anunciar un acordo para que os futuros docentes teñan acceso a módulos de formación do s.o. Lliurex para que así poidan utilizalo no desempeño da súa actividade cotián.
- Sustituir progresivamente ferramentas de traballo propietarias por alternativas baseadas en software libre. Pódese utilizar neste punto algunha das tablas de equivalencias dispoñibles en internet .
- Considerar a creación dun Proxecto de lei do software Libre. Como exemplo temos o Proxecto de lei do Congreso dos diputados para a utilización do Software Libre na Administración. É imprescindible que neste proceso se actue con moita cautela e que a toda a xente que decida esté suficientemente informada para que non sexan pasto das transnacionais que acaban expresando os seus descursos directamnte a través dos diputados. O máis importante deste proxecto é que a xunta sexa a dona dos desnvolvementos que son pagados pola administración e teña todalas facilidades para reutilizalo como sexa necesario. Para que esto sexa posible e imprescindible posuir o código fonte das aplicacións, e que este código teña unha calidade mínima como para poder ser reutilizado.
Este proxecto foi rexeitado entre outras razóns porque era competencia das autonomías. Tamén se falou do tema da neutralidade tecnolóxica, pero con asuntos como a imposibilidade do goberno de España de venderlle armas a Venezuela demostrouse que era xustamente ó contrario: o producto privativo é xustamente o que non é neutral. De feito o producto privativo é o que impide a liberdade de uso, explotación e distribución do software, e o uso de estándares abertos proporciona a liberdade para escoller entre unha morea de aplicacións aquela que máis se axuste ou máis nos guste en cada caso. Outros argumentos en contra como a inseguridade intínseca asociada ó Software Libre por necesitar fontes abertas é tan falso que non merece perder o tempo explicandoo neste documento.
-Os sitios web da Administración deberán seguir os estándares internacionais como as recomendacións do W3C para así poder ser visualizados correctamente con calquera programa que respete estos estándares, incluídos os que son Software Libre.
Os documentos de intercambio de información cos cidadáns deberán cumprir estándares internacionais. Para isto non temos outra posibilidade máis que o uso de formatos abertos e libres, se queremos ser os donos da nosa información independentemente dos intereses de calquera empresa.
Recomendacións da Unión Europea
Algo de documentación (Inglés)
- Exemplos de formatos válidos son:
- OASIS Open Document Format para Aplicacións Ofimáticas (~OpenDocument), ISO/IEC 26300.
- PDF (Adobe Acrobat): aprobado pola ISO.
- Mitos e realidades sobre ODF (Open Document Format) (Inglés)
- Considerar a posibilidade de potenciar a distribución de software libre multiplataforma en galego con manuais de axuda e tutorias interactivos. Esta información podería ser distribuida, por exemplo, nun cd/dvd ou a través dun sitio web. Un punto de partida para este proxecto pode ser +
CDLibre.
- Promocionar a creación de un conxunto básico de aplicacións libres multiplataforma para a xestión das Pemes. Entre estas deberían de estar aplicacións que xestionen a contabilidade, facturación, nóminas, etc. Tamén sería interesante neste punto plantexarse a posibilidade de colaboraión con proxectos doutras comunidade en este sentido.
- É necesario que nos seguintes concursos de localización e desenvolvemento de aplicativos libres se fagan ca intención de crear dinámicas de traballo máis abertas, habilitando canles de colaboración no proxecto con xente allea a empresa que se faga responsable do proxecto. Así ademais de obter ferramentas libres para todolos galegos tamén se pode dinamizar a sociedade no eido das TIC e a comunidade do software libre.